
Centos de anos de expolio de recusos naturais deron como resultado o cambio climático que estamos a sufrir. Un "cambio" que se debe recoñecer e afrontar canto antes.
Dende esta pequena última morada de ideas quérome sumar á iniciativa de L'alliance, o grupo ecoloxista francés. Dende a súa páxina propón un apagón que se celebrará mañán xoves 1 de Febreiro entre as 19:55 e as 20:00. O apagón supón a desconexión de todos os aparatos que dependan da rede eléctrica. Deste xeito conseguirase un dobre obxectivo:
- - Chamar a atención, e concienciar á poboación sobre o gran problema que supón o despilfarro enerxético que estamos a levar a cabo.
- - Observar o aforro enerxético que suporía o apagón (e a conseguinte perda de ganancias das "enerxéticas").