EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA  

Posted by Sir Goldman


Noticia aparecida hoxe día 07/03/2007 no diario gratuíto QUE!. nela podemos ler que se está a facer unha exposición fográfica co fin de promocionar o camiño de Santiago en Europa. En concreto a exposición celébrase baixo o título "Un Camiño, 11 miradas" no Bryggens Museum de Bergen en Noruega, e nela pódense ver fotos tomadas por 5 fotógrafas noruegas e, como di o rotativo, "6 fotoperiodistas gallegos de recoñecido prestigio" entre os que se atopa o autor da foto que ilustra a noticia Xulio Villarino. A él tiven a oportunidade de coñecelo este verán en San Cosme, nunha mostra de diapositivas organizada polo colectivo cultural OLLOMAO, ó seu traballo coñecíao de antes, e sempre me pareceu tan bo como para recomendarrle a todos a súa visión.
Felicidades e un saúdo Xulio.

This entry was posted on miércoles, marzo 07, 2007 at 23:48 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

0 comentarios

Publicar un comentario en la entrada