Experiencia de Grupo R  

Posted by Sir Goldman

Todo surxiu como unha proposta bastante sinxela, imaxinar que somos os promotores que construirán o novo ideal de cidade do futuro.
Propóñense unhas áreas a desenvolver (ocio e deportes, comercial, residencial, infraestructuras, servicios...), establécese un presuposto máximo para cada unha, e os promotores elaboran as súas propostas.
O "Xurado-Alcaldía" adxudica os proxectos ós promotores agraciados, e....comeza a diversión. Baixo unha saba branca está o "material" para a construcción. Sí, acertastes. Cartulina, caixas de cartón, papel hixiénico, globos, tesouras, pegamento....
Despois da sorpresa inicial comeza o reto. Debemos construír a nosa cidade en menos de dúas horas, e pasando os pertinentes controis de calidade por parte do Xurado-Alcaldía. O tempo apremia e os promotores comezan a obra, teñen clara a idea final pero non moi claro como levala a cabo. Nesta carreira o importante non é o método a usar se non que se chegue a un resultado final, unha cidade acabada.
Caixas de cartón vestidas de vermello fan as veces de edificios. As siluetas recortadas sobre castulina e cartón emulan aparellos complexos, mentres unha moqueta verde interpreta o papel de verde campo. Nesta cidade non teremos grandes obras pero polo menos seremos orixinais. Ata uns globos hinchados a medias fan de farolas cando son amarelos e de árbores cando son verdes.
As risas de todos son a tónica dominante na sala, a excepción dalgúns que se toman a súa tarefa moi en serio e non toleran retrasos na obra. Pero pese a todo isto, a cidade remátase. E tal e como pasa na vida real , o lugar que se tiña asignado para a cidade acaba extendéndose e ocupando case todo o espacio da sala na que nos atopamos.
Todos sentados de novo nas mesas que nos serviron de taller improvisado e sala de deseño, descansamos e preparamonos para a reflexión.
Miramos a cidade seguindo a guía dos Xuíces-Alcaldes e imos vendo os nosos erros. Ningún deles ten que ver con que o resultado da obra se adapte ó proxecto, se non en como resultan todos en conxunto. Iamos a construir unha cidade modelo, un proxecto formado por varias partes que debería ter unha armonía xeral. Algo que a nosa "cidade" non ten. Enormes edificios contrastan con pequenas estradas, papeleiras case tan grandes coma casas, un faro no medio dunha urbanización.... Todo para que poidamos ver o resultado dun traballo sen coordinacion entre grupos. Cada grupo traballou no seu proxecto sen contar co resto e resultou non adaptarse ó esperado. Unha reflexión que se pode aplicar na vida real, no traballo, que resulta ser a finalidade da proposta.
Unha idea orixinal para facernos reflexionar sobre como traballamos e o que podemos facer para melloralo.
Se seguides o link de FLICKR á esquerda, podedes ver o resultado dos traballos. Disfrutádeo.

This entry was posted on miércoles, febrero 07, 2007 at 00:12 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

1 comentarios

primo en que clase de empresa traballas tí...Pasadeo ben no bautizo do novo menbro da familia, xa sabes o que me gustaría estar alí. vemonos...

sábado, marzo 03, 2007

Publicar un comentario en la entrada