Non hai nada como unhas risas para rematar un bo domingo. Disfrutade do vídeo non ten desperdicio.
A suave luz do solpor enche o ceo da comarca celta, e de entre os perennes habitantes das fragas xorde o ser da nosa lenda. Envolto das sedas que a nai natureza lle deu e que a auga que molla a terra se encargou de tinguir de verde, encárgase de coidar a vida que envolven as árbores. Voa coa gracilidade das volvoretas pola fraga. Espreitando delicadamente ós animais que a comparten, iluminándoos coa luz que ela mesma desprende. Esa que só coñecen os homes que ven o ceo dunha noite despexada, a das estrelas.
Os que chegaron a vela cren que é unha fada. Outros, incrédulos, din que é un vagalume. Pero só os druidas saben que en realidade é o "Espírito da Fraga".
Ela encárgase de velar pola vida da fraga, e de facerche ver o fermoso da natureza cada vez que a visitas. Métese no fondo do teu corazón e faille sentir paixón pola vida, e tranquilidade cando a fraga de rodea.
A próxima vez que estés en plena natureza, fai coma min, e deixa que o "Espírito da Fraga" lle faga latexar ó teu corazón por ti.
Adicada á miña Alma, á miña Ideoloxía, á miña Deusa e ó meu Amor
Teño dúas cousas moi claras nesta vida. A primeira é que a igrexa é a maior multinacional montada a apartir dunha mentira, e a segunda é que a SGAE está a seguir os pasos da igrexa.
Neste momento atópase disfrutando dos anos dourados da "inquisición", pero neste caso as fogueiras non están permitidas (ese é terreo do SEPRONA), agora cambiaron as torturas por "cánons" e "diezmos obrigatorios".
Esta entrada no Blog ven a colación de outra publicada na páxina de Miguel Ángel Payeras, a cal demostra que as miñas teorías sobre a "evanxelización" da SGAE son correctas. Disfrutade da lectura, hoxe, día das letras galegas
Noticias publicadas en MENEAME.NET
- Ciencia vs Religion [ENG] - 26-may-2008
- La crueldad de los internautas - 26-may-2008
- Nada como un buen transporte - 25-may-2008
- Adrian Sutil, el héroe del GP de Mónaco - 26-may-2008
- Cada gramo de coca consumido en Europa borra cuatro metros de selva tropical - 26-may-2008
Archivo del blog
- marzo 2007 (2)
- febrero 2007 (2)
- enero 2007 (1)
- mayo 2006 (3)
- marzo 2006 (4)
- diciembre 2005 (1)
- noviembre 2005 (2)
- agosto 2005 (1)
- mayo 2005 (4)
- abril 2005 (1)
- marzo 2005 (14)
- febrero 2005 (12)