"THE KETCHUP EFFECT"  

Posted by Sir Goldman

Vale, é domingo pola tarde e abúrrome, pero esto de navegar pola web sin rumbo fixo pode levarte a atopar "xoias" coma esta.
Este pequeno "sketch" pertence a unha película sueca chamada "HIP HIP HORA!" (ou como reza a traducción inglesa - "The Ketchup Effect"), dirixida pola directora novel Teresa Fabik, e protagonizada por Amanda Renberg (Sofie) e Björh Kjellman (Krister).
Na película cóntase a vida dunha preadolescente Sofie de 13 anos e das súas dúas mellores amigas, que se enfrentan ó cambio de comezar o que sería o equivalente español do instituto. Ansiosas de vivir e experimentar o que supón a adolescencia, deciden acelerar o proceso de adaptación a esta nova etapa e ir as clases de aprendizaxe rápido que supoñen as festas de instituto.
Facerse coñecer entre o público masculino e pode que ata atopar un mozo, era o ideal de aprendizaxe das rapazas. Pero para unha inexperta xove, algo tan complicado coma os mozos e o "sexo" pode resultar... perigoso :)

LOCA FM - 88.2 FM (Coruña)  

Posted by Sir Goldman

Un dos meus grandes descubrimentos dos últimos meses, unha emisora na que se pode escoitar boa musica DANCE durante todo o día, algo que polo menos eu botaba en falta (Imposible non recordar os tempos nos que DJ MAGIC "cabalagaba" sobre as ondas :) )
De entre a programacion que se pode escoitar eu destacaría dous programas en concreto, os conducidos e "mezclados" por dous grandes DJ's españois, DJ NANO aka Jose Cobo en "ONE MOMENT IN THE SKY" e DJ NEIL en "LA COSA NOSTRA".
Só vos recomendo que se podedes que a escoitedes, polo menos ós que vos guste este tipo de música (iso vai por ti Martín)

Enlaces interesantes:

"LA COSA NOSTRA" - Enlace á páxina do programa de DJ NEIL

"ONE MOMENT IN THE SKY" - Enlace á páxina do programa de DJ NANO (podedes descargarvos as tremendas sesións deste home, vale a pena)

THE SIMPSONS  

Posted by Sir Goldman


Poucas series conseguen igualar a maratoniana carreira destas irreverentes persoaxes norteamericanas.
Pouco queda xa daquel primeiro episodio no que Matt Groening criticaba a sociedade norteamericana dando vida a un estereotipo de familia. A vida e actos de todos os persoaxes da serie foron mudando ó lonogo do tempo. Pero ninguén se atrevera nunca a intentar transladar a serie a un formato máis "real"...ata agora.
Descoñezo a identidade do autor ou autores da curtametraxe, pero a fidelidade coa que reproduciron a famosa serie é digna de ser vista..... e si, declárome abertamente seguidor asiduo dos seus máis que repetidos capítulos.

O FUTURO QUE NOS AGARDA  

Posted by Sir Goldman

Os que me coñecen saben de sobras que son un apaixoado da tecnoloxía, é dicir un FRIKI TECNOLÓXICO. Así que me paréce que o máis adecuado é que a miña bitácora mostre parte das miñas paixóns e da miña persoalidade.
Con este "post" espero comezar un novo avance nesta bitácora e ampliar un pouco máis a temática "retratista" dos anteirores.
Esta pantalla que vos presento foi patentada por Apple (si, a mesma dos IPOD). En principio non debería ser ningunha noticia de relevancia que unha empresa patentase unha pantalla táctil, o que sí é noticia é que sexa unha pantalla multi-táctil. É dicir, é unha pantalla que é sensible a múltiples contactos simultáneos, algo que en principio non parece demasiado relevante, pero que analizado con calma nos fai ver que abre múltiples posibilidades.
.