Historia de Mediodía  

Posted by Sir Goldman

A suave luz do solpor enche o ceo da comarca celta, e de entre os perennes habitantes das fragas xorde o ser da nosa lenda. Envolto das sedas que a nai natureza lle deu e que a auga que molla a terra se encargou de tinguir de verde, encárgase de coidar a vida que envolven as árbores. Voa coa gracilidade das volvoretas pola fraga. Espreitando delicadamente ós animais que a comparten, iluminándoos coa luz que ela mesma desprende. Esa que só coñecen os homes que ven o ceo dunha noite despexada, a das estrelas.
Os que chegaron a vela cren que é unha fada. Outros, incrédulos, din que é un vagalume. Pero só os druidas saben que en realidade é o "Espírito da Fraga".
Ela encárgase de velar pola vida da fraga, e de facerche ver o fermoso da natureza cada vez que a visitas. Métese no fondo do teu corazón e faille sentir paixón pola vida, e tranquilidade cando a fraga de rodea.
A próxima vez que estés en plena natureza, fai coma min, e deixa que o "Espírito da Fraga" lle faga latexar ó teu corazón por ti.

Adicada á miña Alma, á miña Ideoloxía, á miña Deusa e ó meu Amor

This entry was posted on jueves, mayo 25, 2006 at 23:53 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

1 comentarios

Menudo rexurdir!!!

Estas feito todo un rapsoda [o que sexa que iso significa :D].

domingo, mayo 28, 2006

Publicar un comentario en la entrada