"THE KETCHUP EFFECT"  

Posted by Sir Goldman

Vale, é domingo pola tarde e abúrrome, pero esto de navegar pola web sin rumbo fixo pode levarte a atopar "xoias" coma esta.
Este pequeno "sketch" pertence a unha película sueca chamada "HIP HIP HORA!" (ou como reza a traducción inglesa - "The Ketchup Effect"), dirixida pola directora novel Teresa Fabik, e protagonizada por Amanda Renberg (Sofie) e Björh Kjellman (Krister).
Na película cóntase a vida dunha preadolescente Sofie de 13 anos e das súas dúas mellores amigas, que se enfrentan ó cambio de comezar o que sería o equivalente español do instituto. Ansiosas de vivir e experimentar o que supón a adolescencia, deciden acelerar o proceso de adaptación a esta nova etapa e ir as clases de aprendizaxe rápido que supoñen as festas de instituto.
Facerse coñecer entre o público masculino e pode que ata atopar un mozo, era o ideal de aprendizaxe das rapazas. Pero para unha inexperta xove, algo tan complicado coma os mozos e o "sexo" pode resultar... perigoso :)

This entry was posted on domingo, marzo 19, 2006 at 20:00 . You can follow any responses to this entry through the comments feed .

1 comentarios

Zalo, Zalo!!... O que fai o estar ocioso [digocho eu que diso sabia bastante... ata que a rutina laboral comeu eses momentos].

Pero home... ¿preadolescentes saidas? Coa cantidade de pelis que hai por aí!!! :D

Por certo, falando de pelis boas... por fin podo recomendar con pleno coñecemento o visionado e desfrute de "Serenity". [Nota: din que non é necesario ter visto Firefly para entender e disfrutar Serenity, pero eu recomendoo encarecidamente... as cousas mellor facelas ben!!!]
Cando as vexas vas cambiar de parecer con respecto a George Lucas :P .

domingo, marzo 19, 2006

Publicar un comentario en la entrada