







Día de Voda, un día para celebrar a unión dunha parella de bos amigos...Pero tamén é un día para reflexionar, un día para despertar e darse conta de ata que punto medrache.
Séntaste no banco da igrexa, igual que en calquera outra celebración, e en un pequeno instante mentras contemplas a esa parella dándose o "si quero", na túa mente rememóranse todos eses instantes da túa vida que te foron levando hacia o punto no que te atopas agora, a túa madurez (ou polo menos o camiño hacia ela). Unha madurez que posiblemente ti non buscaches, e ata ó mellor non querías, pero ahí está, con todo o seu peso cargado sobre os teus hombreiros. Traballo, parella, problemas... canto cambiamos dende que éramos pequenos e as únicas preocupacións que rondaban as nosas desentrenadas mentes eran a "hora da menrenda" e o que pasaría no seguinte episodio de " As bolas Máxicas"... Pero ó fin e ó cabo, toda persoa en algún momento da súa vida, medrou, madurou e seguiu adiante, e non por eso se detivo o Universo.
Pode que para min a vida agora vaia a unha velocidade un pouco "inadecuada", pero non creo que o Universo vaia a facer unha excepción conmigo e se pare, así que collamos coas dúas mans as rendas deste cabalo desbocado no que nos montamos e sigamos cabalgando. Aínda nos queda moito camiño por percorrer, fagámolo como o fixemos ata agora e a ver que pasa :)
(A última parte está en plural, pois considero que un camiño compartido con persoas apreciadas é un camiño máis facil de percorrer, Un Gran Saúdo a TODOS/AS)




