Os Mosteiros  

Posted by Sir Goldman

Aínda que me considero unha persoa "non crente" (no sentido cristián da palabra) sempre sentín admiración polos templos e construccións eclesiásticas, parécenme unha das expresións artísticas e arquitectónicas máis grandes e vistosas. Nesta semana santa puiden disfrutar duns cantos exemplos deste arte situados na riveira sacra (unha paraxe digna de ser visitada e disfrutada con calma).
Aqui deixo un par de mostras. O Claustro de un dos mosteiros visitados, e unha vista de outro situado en soitario nuha das riveiras excavadas durante anos polo Sil.

O Infiltrado  

Posted by Sir Goldman

Usando as miñas dotes de camuflaxe conseguín misturarme coa multitude e invadir un recinto vixiado, coma o mellor dos espías en algunha misión secreta, o "Infiltrado" da convención.

Mereceu a pena aínda que so fose para pasar un tempo alí dentro, o ano que ven intentarei asistir...pero sen camuflaxe.

Posdata: Gracias os "Topos" pola axuda prestada.

Lugares curiosos  

Posted by Sir Goldman

Despois de anos de evolución urbanística, de monumentos e construccuións históricas demolidas para facerlle sitio ós "prolíficos xigantes de cemento e metal", cando atopas algo como isto non podes facer máis que sorprenderte. Un pequeno pasadizo sobrevive no centro dun pobo.
Seguro que antigamente serviu de paso a moita xente, hoxe tan só sobrevive como un recordo, usado tan só polos escasos viandantes que poboan as rúas do barrio no que se atopa.

I N D I T E X  

Posted by Sir Goldman

Parece mentira, pero ahí está, unha das meirandes empresas do mundo, e está en Galicia, concretamente no Polígono Industrial de Sabón.
En este edificio só hai oficinas (non conseguín ver a Amancio Ortega), o resto do complexo fórmano 5 naves repartidas arredor del e comunicadas con Km de túneles subterráneos por onde circulan as prendas de roupa.

E pensar que todo isto partiu dunha tenda de camisas na r/Juan Flórez...

Ver cousas así anímante a pensar en montar o teu propio negocio e medrar no mundo empresarial....despois recordas o teu traballo, a túa nómina, e espertas... e recordas que ti non es Amancio Ortega :)

Semana Santa  

Posted by Sir Goldman

Son as 4:30 da tarde, do Venres 18 de Marzo, a semana santa non fai máis que comezar, e ese momento debe ser como unha especie de interruptor que se acende nas mentes dos apurados conductores que ateigan as nosas estradas. Pódense ver manobras circenses e velocidades de circuíto de Formula 1, e todo ísto so nos leva a un resultado. Accidentes a primeira hora da tarde (afortunadamente sen víctimas que lamentar) e kilométricas colas de irascibles conductores (algúns van maís tranquilos coma o do Mercedes de enfrente miña)

"Safety Car" en Boxes  

Posted by Sir Goldman

Ahí o tedes, o meu incansable compañeiro de fatigas diarias en pleno cambio de zapatos... menos mal que non llos teño que pagar eu :)

Vistas da coruña Urbana  

Posted by Sir Goldman

Estas son as vistas que teño dende a ventá do meu piso. mostra urbana do carácter da Coruña

Un intento de "foto artística"  

Posted by Sir Goldman

Sede benévolos e comprendede que isto da fotografía artística é novo para min, pero bueno... é un intento....(está retocada co potoxop)

A xente do traballo  

Posted by Sir Goldman

Un día calquera a última hora da tarde na oficina de Ferrol.

A Costa  

Posted by Sir Goldman

Pode que o mellor de vivir preto do mar sexa que o podes ver sempre que o necesites. Cando as preocupacións do día a día te desborden e sintas que debes escapar.

"Debo recoñecerlle o seu mérito a aquel que unha vez dixo que non sentes a perda de algo ata que realmente che falta. E poder contemplar a costa lonxe de aglomeracións de xente e prolíficos xigantes de metal e cemento é algo que perdera fai tampo.
Espreitar a costa da mesma forma que o facían os ollos daquel rapaz de Cangas, preto do fogar, sen preocupacións. Notando como esa familiar sensación de tranquilidade lle invadía o corpo. Eso é o mellor de vivir preto do mar.
Pero ese rapaz perdeuse co tempo, no medio de preocupacións e problemas propios de adultos... aínda que... eu acabo de atopar a ese rapaz preto da Coruña."


Reflexíons dun Rapaz
Gonzalo Lameiro
2005

Unha Vista da Coruña  

Posted by Sir Goldman

Só é unha vista da coruña, diferente, pero unha vista da coruña.

"Urbanitas Nocturnos"  

Posted by Sir Goldman

Alguén me comentaba o outro día que de ter que escoller un momento para vivir unha cidade que escollería a noite. Estou dacordo con él.

"Todas as cidades vistas de noite desprenden un aire de misticismo que as fai incomprensiblemente atractivas. A fauna nocturna que deambula polas rúas completa un ambiente de estrano encanto, enmarcado por un raro silencio que, nin o paso dos poucos automóbiles que circulan a esas horas pola rúa, nin o incesante movemento das entrañas da cidade mitigado pola lexanía, pode chegar a romper"

Crónicas Noctámbulas
Gonzalo Lameiro
2005
.

O Centro de Mando  

Posted by Sir Goldman

Unha imaxe tantas veces repetida ó longo da miña vida...

A Noite na cidade  

Posted by Sir Goldman

En multitude de ocasións se pode oír falar do ateigadas e azarosas que poden chegar a ser as noites en calquer cidade...pero para alguén coma min que ven dunha pequena aldea o tesouro máis preciado e poder atopar a tranquilidade e a soidade da que soía gozar no fogar, e buscando un pouco pódese chegar a atopar.
Ao mellor as vistas que se poden ter están algo máis cheas de luces e edificios, pero a sensación é parecida.