Posted by Sir Goldman

Quedan moitos días por tachar no calendario, pero hoxe ímolo a tomar de descanso. Como dixo o meu xefe... "Aún te debo 3 días de vacaciones, así que ya estás tardando en cogerlos".
Un Saúdo ós currantes...

Un café cuns amigos  

Posted by Sir Goldman

Sego a reiterar que os mellores momentos son aqueles que podes compartir cos teus amigos...Xa sexa tomando unha cervexa, de churrascada,... ou á compaña dun café...

A Costa de Cangas  

Posted by Sir Goldman

Esta é a vista da costa de Cangas, unha das costas mais bonitas de galicia :P ... Pero desta vez, o mar tórnase nun territorio moi perigoso e a costa, nun linde que non queremos transpasar
Un linde que nos resgarda contra a furia dun mar, que esta semana levou ás súas profundidades ós mariñeiros do "sempre Casina". Uns mariñeiros que coma tantos outros viven cada día un traballo no máis inseguro dos entornos posibles. Un entorno que a moitos pobos lles da vida e que a outros lle la leva.

En recordo para os mariñeiros "desaparecidos".

A Volta a Casa  

Posted by Sir Goldman

A mellor sensación de todas é a que che percorre o corpo cando chegas á casa despois dunha tempada, e a sensación aínda se pode mellorar se fora da casa o tempo corresponde a un crudo inverno e dentro te espera o lume encendido e o teu sofá preferido preto del.
Un Saúdo Mamá

O "Descanso do Guerreiro"  

Posted by Sir Goldman

O día a día pódese converter na máis dura das guerras, e o mellor dos descansos para o guerreiro cotidián é o que se disfruta coa mellor das compañas tirado nun sofá.

Bodegón....de Cervexería  

Posted by Sir Goldman

Esta é a imaxe do que considero un bodegón de Cervexería. Un par de boas cervexas, os móviles, unhos cantos papeis que se levan á saída do traballo, e a xente de fondo... Unha imaxe que debería de repetirse moi a miúdo, e sempre na boa compaña de amigos e xente estimada cos que poder convertir este bodegón nunha boa tertulia de fin de xornada :)

A miña visión do traballo caseiro  

Posted by Sir Goldman

Ás veces traballar na casa non ten nada que ver con fregar, lavar, limpar ou colocar. Ás veces a túa casa convírtese nunha improvisada oficina na que "adiantar" algo de traballo. Pero só ás veces...

Viaxando  

Posted by Sir Goldman

Levántaste pola mañán e so pensas en todo o día que che queda por diante...o traballo...os papeis...a xente...a oficina...
Colles o coche e arrancas, o destino esta vez é Lugo.
Despois dun tempo de viaxe, entre o murmullo da radio e o zumbido do vento esbarando pola carrocería, daste conta de que estás só...Dentro do pequeno mundo que conforma o habitáculo do teu coche; e sénteste ben, relaxado...
Miras de frente e mentres o sol case te cega, desexas que esa sensación non se acabe...desexas continuar viaxando...
Facer moitos kilómetros en coche cansa... pero a veces, merece a pena tan so polo feito de viaxar.

Tarde de Domingo  

Posted by Sir Goldman


Unha reunión de amigas para celebrar o cumpreanos de Aida. Son moitas e estou so....AHHHH!!!!!! je je je je

O Recordo do Verán  

Posted by Sir Goldman

Merece a pena recordar o ben que se pasa en verán. Un Saúdo a todos os presentes na foto :)

(O mellor é o CowBoy da esquerda je je je)

O Primeiro Lenzo  

Posted by Sir Goldman



Como é o primeiro lenzo que se publica ten que ser importante...... e non hai nada máis importante ca ela. Un Bikiño PeKe

Benvidos á Cova do Lameiro  

Posted by Sir Goldman

Esta será a cova que faga de galería para os lenzos pintados pola vida cotiá do mundo que nos rodea.

Postdata: Sentíame inspirado :)