
Noticia aparecida hoxe día 07/03/2007 no diario gratuíto QUE!. nela podemos ler que se está a facer unha exposición fográfica co fin de promocionar o camiño de Santiago en Europa. En concreto a exposición celébrase baixo o título "Un Camiño, 11 miradas" no Bryggens Museum de Bergen en Noruega, e nela pódense ver fotos tomadas por 5 fotógrafas noruegas e, como di o rotativo, "6 fotoperiodistas gallegos de recoñecido prestigio" entre os que se atopa o autor da foto que ilustra a noticia Xulio Villarino. A él tiven a oportunidade de coñecelo este verán en San Cosme, nunha mostra de diapositivas organizada polo colectivo cultural OLLOMAO, ó seu traballo coñecíao de antes, e sempre me pareceu tan bo como para recomendarrle a todos a súa visión.
Felicidades e un saúdo Xulio.
Sempre considerei que cando non se vive só débense respetar unhas normas de convivencia. Unhas simples liñas de comportamento que nos axuden a levarnos ben coa xente coa que compartimos o espacio e nos permitan disfrutar e manter ese espacio, son suficientes para asegurar unha convivencia longa e pracenteira:
- Manter limpo o noso "cuarto".
- Compartir as tarefas de limpeza.
- Manter os "gastos comúns" baixos.
- . . .
Este tipo de normas serven dende fai moitos anos a montóns de xente que por diferentes motivos comparte piso ou casa. E agora plantexo a miña reflexión: ¿Por que non se poden aplicar estas normas á convivencia entre toda a humanidade?
"Como vivir sin acabar con el planeta. Manual para jóvenes inquietos y adultos preocupados" é unha moi boa recoplicacion de certas normas que nos axudarán a levar unha convivencia mellor entre todos os que compartimos este planeta. Lédeo e reflexionade igual que o fago eu, entre todos podemos facer que este espacio que compartimos se manteña vivo durante moitos anos.
Curioso enlace no que se pode averiguar cal é a túa "Pisada Ecolóxica". É dicir, cantos recursos naturais consume o teu estilo de vida.
Tamén curioso resulta darse conta do pouco que lle queda ó noso planeta de continuar a vivir como vivimos. Consumimos demasiados recursos.
Por certo, unha vez feito o test, averigüei que se todo o mundo vivise consumindo o mesmo que eu necesitaríamos 2,5 planetas para abastecernos. Canto che sae a ti¿?
FOOTPRINT
Todo surxiu como unha proposta bastante sinxela, imaxinar que somos os promotores que construirán o novo ideal de cidade do futuro.
Propóñense unhas áreas a desenvolver (ocio e deportes, comercial, residencial, infraestructuras, servicios...), establécese un presuposto máximo para cada unha, e os promotores elaboran as súas propostas.
O "Xurado-Alcaldía" adxudica os proxectos ós promotores agraciados, e....comeza a diversión. Baixo unha saba branca está o "material" para a construcción. Sí, acertastes. Cartulina, caixas de cartón, papel hixiénico, globos, tesouras, pegamento....
Despois da sorpresa inicial comeza o reto. Debemos construír a nosa cidade en menos de dúas horas, e pasando os pertinentes controis de calidade por parte do Xurado-Alcaldía. O tempo apremia e os promotores comezan a obra, teñen clara a idea final pero non moi claro como levala a cabo. Nesta carreira o importante non é o método a usar se non que se chegue a un resultado final, unha cidade acabada.
Caixas de cartón vestidas de vermello fan as veces de edificios. As siluetas recortadas sobre castulina e cartón emulan aparellos complexos, mentres unha moqueta verde interpreta o papel de verde campo. Nesta cidade non teremos grandes obras pero polo menos seremos orixinais. Ata uns globos hinchados a medias fan de farolas cando son amarelos e de árbores cando son verdes.
As risas de todos son a tónica dominante na sala, a excepción dalgúns que se toman a súa tarefa moi en serio e non toleran retrasos na obra. Pero pese a todo isto, a cidade remátase. E tal e como pasa na vida real , o lugar que se tiña asignado para a cidade acaba extendéndose e ocupando case todo o espacio da sala na que nos atopamos.
Todos sentados de novo nas mesas que nos serviron de taller improvisado e sala de deseño, descansamos e preparamonos para a reflexión.
Miramos a cidade seguindo a guía dos Xuíces-Alcaldes e imos vendo os nosos erros. Ningún deles ten que ver con que o resultado da obra se adapte ó proxecto, se non en como resultan todos en conxunto. Iamos a construir unha cidade modelo, un proxecto formado por varias partes que debería ter unha armonía xeral. Algo que a nosa "cidade" non ten. Enormes edificios contrastan con pequenas estradas, papeleiras case tan grandes coma casas, un faro no medio dunha urbanización.... Todo para que poidamos ver o resultado dun traballo sen coordinacion entre grupos. Cada grupo traballou no seu proxecto sen contar co resto e resultou non adaptarse ó esperado. Unha reflexión que se pode aplicar na vida real, no traballo, que resulta ser a finalidade da proposta.
Unha idea orixinal para facernos reflexionar sobre como traballamos e o que podemos facer para melloralo.
Se seguides o link de FLICKR á esquerda, podedes ver o resultado dos traballos. Disfrutádeo.

Centos de anos de expolio de recusos naturais deron como resultado o cambio climático que estamos a sufrir. Un "cambio" que se debe recoñecer e afrontar canto antes.
Dende esta pequena última morada de ideas quérome sumar á iniciativa de L'alliance, o grupo ecoloxista francés. Dende a súa páxina propón un apagón que se celebrará mañán xoves 1 de Febreiro entre as 19:55 e as 20:00. O apagón supón a desconexión de todos os aparatos que dependan da rede eléctrica. Deste xeito conseguirase un dobre obxectivo:
- - Chamar a atención, e concienciar á poboación sobre o gran problema que supón o despilfarro enerxético que estamos a levar a cabo.
- - Observar o aforro enerxético que suporía o apagón (e a conseguinte perda de ganancias das "enerxéticas").
Archivo del blog
- marzo 2007 (2)
- febrero 2007 (2)
- enero 2007 (1)
- mayo 2006 (3)
- marzo 2006 (4)
- diciembre 2005 (1)
- noviembre 2005 (2)
- agosto 2005 (1)
- mayo 2005 (4)
- abril 2005 (1)
- marzo 2005 (14)
- febrero 2005 (12)